Como engadir diccionarios de galego ao Opera
Introducción
O navegador noruego Opera é un navegador sinxelo e lixeiro, fácilmente configurable e doado de usar. Na miña opinión, o que lle falta é ser de código aberto, mais debido á súa natureza comercial é difícil que vaia poder facerse en breve. Aínda así, ten unhas opcións moi xeitosas que permiter engadirlle funcións bastante útiles, entre elas poder engadir os motores de busca para poder facer as pesquisas que desexemos.

No Opera pódese escoller a língua que se quere empregar. Para este tutorial e debido a que non está aínda feita ningunha tradución ao galego, vou empregar por afinidade a versión en português (europeu). De todos os xeitos, é igual de válido para o resto dos idiomas.
Engadindo un motor de pesquisa
Abonda que executar o Opera e ir á opción de menu Ferramentas -> Preferencias (os nomes poden variar dependendo da língua na que estea o navegador). Unha vez seleccionada, aparecerá unha ventá na que escolheremos a opción Pesquisa (que poderá ser tamén búsqueda ou search) e alí aparecerannos todas os motores de busca que temos preinstalados. Veremos algo así:
A continuación, pulsaremos o botón adicionar e apareceranos outra ventá máis:
E aquí é onde engadiremos as opcións necesarias para cada motor. Se só aparecen os dous primeiros campos, abonda con pulsar sobre Detalhes para ver o resto. En principio, só nos fan falta os tres primeiros:
- Nome do motor. Calquera que nos permita identificar o motor. Exemplos: Real Academia Galega, Estraviz.
- Palavra - .. . Unha palabra ou grupo de palabras que poidamos empregar para identificar o motor na barra de enderezo ('http://www.blogaliza...'). É recomendábel empregar poucas letras. Exemplo: 'E cobiza' procura a palabra cobiza no Estraviz. Aviso: A letra só é necesaria para a barra de enderezo, no motor de busca non se emprega.
- Endereço. Éste é o campo que se emprega para chamar á web do motor de busca coa palabra que queremos pesquisar. Ao final deste artigo está a ligazón aos diccionarios de galego máis interesantes.
Hai dúas opcións máis para 'Utilizar como motor de busca padrón' e 'Utilizar como motor de Busca Marcación Rápida', que permiten escolher o motor de busca que veremos por defecto e asignarlle unha tecla de marcación rápida, respectivamente.
Explicación dos endereços (usuarios avanzados)
Para obter os endereços, o que fixen foi simplemente empregar os campos ocultos que dos formularios web correspondentes a cada diccionario e engadirllos a cada url. Para indicar a palabra debese empregar a cadea '%s' para indicar a cadea de texto que queremos procurar. Deste xeito podense facer construir unha ligazón de busca para case todos os diccionarios que existen na rede.De momento non foi necesario empregar construccións adicionais nin marcar a opción 'POST', e espero que non muden as cousas en breve.
Outros tipos de motores
Existe un varios formatos que permiten engadir un motor de busca novo a un navegador desde unha páxina web. O formato estandar aberto do W3C, que están a empezar a adoptar todos os grandes navegadores (Firefox, IE, etc..) será a opción máis recomendada de cara ao futuro.
chúzame - Lista de diccionarios de galego para o navegador Opera
Diccionario da Real Academia Galega
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp?Termo=%s
Estraviz - Associaçom Galega da Lingua
http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisar&dicSearch=%s&searchType=exact
Dicionário compatível com a norma da Real Academia Galega
http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisarcomp&dicSearch=%s&searchType=exact
Diccionarios Aulex
Diccionario galego - español
http://aulex.ohui.net/gl-es/?busca=%s
Diccionario español - galego
http://aulex.ohui.net/es-gl/?busca=%s
chúzame - 

